O grupo Imán convoca un acto sociocultural en homenaxe a Lois Pereiro, poeta ao que se dedicou este ano o Día das Letras Galegas e ao que a xente do grupo síntese cercana polas súas particulares circunstancias vitais (adicto á heroína e tiña VIH).
O acto será o xoves 26 de maio de 11h00 a 12h00 na praza da Independencia e nel membros do grupo lerán poemas do autor e ofrecerase o micro para que as persoas que o desexan dean lectura de textos en galego.