Dende o 15 de maio o estado español está a ver como en diferentes localidades a xente sae as rúas para tomalas e manifestar a súa indignación ante a situación de crise que está a sufrir a maioría da poboación. A acampada de Sol en Madrid e a máis numerosa e é a que está a recoller o maior interese dos medios de comunicación.
En Vigo a xente tomou a farola de Príncipe coma símbolo da súa indignación e montaron alí un campamento no que todos os días a partires das 19h30 celébranse asembleas para artellar respostas a esta crise.
Moitas palabras e análises está a provocar este movemento que utiliza as redes sociais e as novas tecnoloxías para chamar a mobilización, pero por riba de todas elas destaca o gran número de persoas que están a abrazar esta causa.
Achegamos un vídeo no que se anima a seguir con este movemento pese a prohibición da xunta electoral.