Dende o vindeiro venres 25 de febreiro ata o domingo 27 imos acoller en Coia o Encontro de Baladre que se vai celebrar en Vigo.
O programa do encontro é o seguinte:
< 25 VENRES
20h00 – Inicio do encontro coa charla: “Autoorganización e loita fronte á exclusión capitalista: Cooperativas, Proxectos formativos, Iniciativas de Desenvolvemento Comunitario”. A cargo de:
– Toni e Amalia (Coordinadora de Colectivos Parke Alcosa de Valencia)
– Emiliano Tapia (Asociación Desenvolvemento Comunitario do barrio de Buenos Aires – Salamanca)
– Manolo e Mariajo de Zambra (Asociación de ámbito estatal para o apoio de iniciativas sociais e comunitarias).
< 26 SÁBADO
9h30 a 14h00 – Temas Baladre:
– Mapeo de como estamos en cada lugar
– Relacións con CXT e Ecoloxistas en Acción: Avaliación de “Los Lunes al Sol”, Tinto de Verano, proposta de facelo en Buenos Aires do 21 ao 24 de xullo
– Nova Lletra A
– Viaxes a Arxentina, Uruguai e posiblemente Brasil para xornadas e seminarios sobre RBiS e máis…
– Programa de radio “Nosotras las Personas”
Xantar vegano na Cova dos Ratos
16h30 a 18h30 – Traballo en grupos:
Traballar sobre os materiais/documento para a próxima Lletra A, sobre as razóns que están detrás da falla de respostas sociais ante a perda de dereitos sociais.
19h00 a 21h30 – Accións conxuntas:
– Proposta de continuar con accións conxuntas como as do 27 xaneiro. Cea incluída.
Cea de picoteo nos locais da parroquia do “Cristo da Victoria” de Coia
< 27 DOMINGO
10h00 a 14h00 – Temas Baladre:
– Novo servidor onde aloxar páxinas web de Baladre
– Valorar entrada en COOP57
– Desenvolvemento do Encontro de Baladre de xuño en Madrid
– Estudos da RBiS en Alfafar e en Galiza
Salvo a charla do venres que será na Cova dos Ratos (Romil 3) o resto de actividades serán nos locais da parroquia do “Cristo da Victoria” en Coia (Baiona 9 +info: http://odscoia.arkipelagos.net/content/onde-estamos)
A durmida será no centro social de Xogo Descuberto en Coia (Salvaterra 13, +info: http://xogodescuberto.arkipelagos.net/node/13), polo que é necesario que traiades saco de durmir e esterilla.
Persoas de contacto: Diego (696618732) e Kike (666946951) e no mail: [email protected] e [email protected]
When I originally commented I clicked the -Notify me when new comments are added- checkbox and now each time a comment is added I get four emails with the same comment. Is there any way you can remove me from that service? Thanks!