O pasado sábado día 20 celebrouse en Vigo a primeira asemblea de socios de Fiare Galicia na que, como tal, estivo presente a nosa parroquia. A xornada dividiuse en dúas partes, unha primeira que se celebrou pola mañá na que os socios analizamos o camiño percorrido e nos marcamos os obxectivos a alcanzar de cara a este 2011. Pola tarde utilizamos diversas dinámicas para profundizar na nosa comunicación e funcionamento, tratando de analizar os posibles erros cometidos e destacando todas as virtudes que temos e debemos explotar.
A valoración da xornada foi moi positiva pois podemos dicir sen lugar a dúbida que Fiare é unha realidade que crece día a día en número de socios e capital, que se extende por toda España e cuxos números fannos crer seriamente que a alternativa bancaria pola que loitamos está cada día máis preto.
AnÍmaTe A PaRtiCiPar!!!!!