Charlas de Advento con José Antonio Pagola

Os días 10 e 11 de decembro estará connosco o teólogo José Antonio Pagola, quen nos axudará a desenvolver a nosa reflexión de advento en torno á figura de Xesús de Nazaret.

José Antonio Pagola, estudou Teoloxía e Ciencias Bíblicas na Universidade Gregoriana de Roma, no Instituto Bíblico Romano e na École Biblique de Xerusalén, e desempeñou o cargo de vicario xeral da diocese de San Sebastián, da man do bispo José María Setién. Nacido en Añorga (Guipúscoa) en 1937, é autor doutra vintena de libros -entre os últimos, Salmos para rezar dende a vida (2004) e Xesús ante a muller (2006).

En 2007 publicou o libro «Jesús. Aproximación historica», do que se teñen vendido milleiros de exemplares. Con este libro abriouse unha grande polémica con parte do episcopado español que aínda hoxe segue viva.

O programa desta charlas é o seguinte:

– Venres 10 de decembro, 9 da noite: «A Alternativa de Xesús»

– Sábado, 11 de decembro, 5 da tarde. «Volver a Xesús, unha cuestión urxente para a Igrexa de hoxe

2 comentarios

  1. Acabo de mandar un e-mail interesándome por las fechas en las que venía Pagola. Ya tengo la información.Gracias de todos modos
    Marialuisa

Los comentarios están cerrados.