Dende o grupo Imán achegannos as actividades que teñen programadas para celebrar o Día Mundial contra a SIDA no que o Grupo Imán, como sabedes, está de 20 aniversario:
– EXPOCEDROIMÁNSIDA. Dende o martes 23 de novembro ata o venres 3 de decembro no Centro Cívico do Casco Vello.
O martes 23 ás 11:30 será a inauguración pública da exposición.
– DÍA INTERNACIONAL DE LOITA POLA ERRADICIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES. Xoves 25 de novembro ás 20:00 dende a Praza de Urzáiz. Participaremos na manifestación coas Imanciñas do Grupo Imán.
– ACTO SOCIOCOMUNITARIO. Luns 29 de novembro ás 18:00 xunto ao monumento Redeiros 1991, de Ramón Conde, na rúa Gran Vía. Faremos unha foto axudando aos redeiros a soster a pancarta de lona co lazo vermello da loita contra a SIDA para celebrar os nosos 20 anos de traballo como grupo.
– DÍA MUNDIAL DA SIDA. Mércores 1 de decembro. Lonxa do Concello. Xornada pública de sensibilización. Dende as 8:00 ás 14:00 repartiremos material informativo e de prevención. Ás 14:30 os membros do grupo comeremos nun restaurante da zona. Ás 18:00: acto central en torno ao lazo vermello.
– PARTIDO CELTA – AS PALMAS. Domingo 5 de decembro (pendente de confirmar a hora). Asistiremos o partido para animar ao noso Celta e sacaremos ao terreo de xogo a pancarta co lazo vermello da loita contra a SIDA minutos antes de comezar o partido.
– DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS. 10 de decembro ás 11:00 na Praza da Independencia soltaremos pombas mensaxeiras para celebrar no barrio no que se atopa Cedro os obxectivos acadados nestes 20 anos de vida do noso grupo.
Imán comunicanos que estades todas e todos convidados a compartir estas actividades connosco neste 2010 tan especial no que fan 20 anos.