Onte, nun día de choiva e vento que parecía querer dicir que malvivir nas rúas é inhumano, unhas douscentas persoas xuntámonos na Praza da Princesa para chegar facendo ruído ao concello. A Rede Social convocaba este acto para esixir a inmediata apertura do albergue e para denunciar que os investimentos municipais para esta partida non se destinen a outros proxectos.
No percorrido foi enxordecedor e no único momento que parou foi para gardar un minuto de silencio por unha persoa que morreu recentemente no Casco Vello. Rematamos a andaina no concello onde leuse o manifesto e clamouse pola apertura.
Así recolleu a Voz de Galicia esta convocatoria: www.lavozdegalicia.es/vigo/2010/11/09/0003_8837349.htm?idioma=galego e www.lavozdegalicia.es/vigo/2010/11/09/0003_8837350.htm?idioma=galego