Non atopamos metáfora máis clara que a do titular, os políticos galegos xogan a pasarse a pelota da apertura do albergue para persoas sen fogar na nosa cidade. Onte nos medios outro capítulo máis coa conselleira de Benestar apuntando que a Xunta ten 350000 € agardando a que o concello asine o convenio polo cal se desbloquee a cuestión.
As riñas políticas cansan, aínda máis tendo nas rúas da cidade máis de trescentas persoas sen fogar qu observan o penoso espectáculo. Se queredes máis información sobre as últimas declaracións visitade este enlace: www.atlantico.net/noticia/113790/xunta/concello/albergue
Deixadevos palabras ocas oh!
O BNG na Xunta prepara un edificio e cando está para abrir, arranxado e equipado, o PP négase.
O BNG no Concello propón unha ubicación nunha parcela propiedade municipal, con cartos preparados e proxecto elaborado, o PSOE négase.
….de quen a culpa, da «clase política» ou do PP e PSOE.
Xa está ben de meter a todos no mesmo saco cando é completamente inxusto.