Na web da ODS-Coia podemos ler a seguinte nova:
Hai uns días Beatriz Mato, conselleira de Traballo e Benestar, anunciou que se bloquearán as axudas á dependencia ás persoas con expediente en tramitación ata que o financiamento «no llegue» ao Goberno Galego.
O que queda claro disto e que a quen non nos chegan as axudas, malia ter recoñecido o seu dereito, é a nós. Os recortes, baixo o paraugas da crise, deixaron en nada a tan anunciada Lei de Dependencia que viña a solucionar as penurias daquelas persoas que por enfermidade ou minusvalía non puideran levar unha vida autónoma. Tras varios tras a súa aprobación a lentitude na tramitación e na posta en marcha dos servizos fixo que o impacto desta lei fóra mínimo.
Para máis en Coia temos un centro de día con 70 prazas para persoas dependentes (en fronte do Alcampo) que está sen estrear e que leva varios meses rematado. A demanda sabemos que existe, máis nun barrio cunha importante parte da súa poboación moi vella, como sabemos que o sector da terceira idade é moi rendable e que moitas empresas lúcranse en traballos para a administración atendendo a esta parte da poboación en servizos como: residencias, centro de día, programas de axuda no fogar, etc.