O Grupo Imán de autoapoio VIH/SIDA e adicións da UAD do Concello de Vigo e a nosa comunidade convocamos para o vindeiro sábado 16 de outubro, véspera do Día Internacional pola Erradicación da Pobreza no Mundo, unha concentración ás 18h00 na rúa do Príncipe 39, esquina coa rúa Velázquez Moreno (junto ao Banesto) para esixir unha vez máis a inmediata apertura do Centro de Inclusión Social-Albergue. O acto xirará ao redor do símbolo dun salvavidas para intentar concienciar aos nosos políticos de que o Centro de Inclusión Social non só é necesario, senón urxente, porque pode salvar as vidas de moitas persoas sen fogar da nosa cidade.
Posteriormente, o luns 18 de outubro membros de Imán entregarán no rexistro do Concello de Vigo ás 12h00 o manifesto lido en dita concentración xunto cun salvavidas, símbolo da reivindicación da apertura do Centro de Inclusión Social.