O Foro Encrucillada 2010 acollerá do 28 ao 30 de outubro unhas Xornadas de Teoloxía na honra do profesor Andrés Torres Queiruga, presidente da Asociación Encrucillada, no seu setenta aniversario.
A obra de Andrés Torres Queiruga é suficientemente ampla e significativa como para merecer unha análise detida, feita con seriedade e rigor.
O lema das Xornadas é Repensar a teoloxía. Recuperar o cristianismo. «Repensar» e «recuperar» son dúas palabras especialmente queridas polo profesor Andrés Torres Queiruga e ocupan un destacado lugar nos títulos das súas obras máis coñecidas.
A «teoloxía» e o «cristianismo» son as dúas grandes preocupacións do autor na súa estreitísima relación e, ao mesmo tempo, na súa fundamental diferenza.
O obxectivo é que os convidados e convidadas, conxuntamente co autor, con liberdade e consideración, dialoguen, asentindo e disentindo, mirando ao mesmo tempo cara a mesma cuestión tratando de avanzar no seu afondamento.
Tedes o programa do foro e máis información nesta web: www.encrucillada.es