Moita xente da comunidade xunto aos compañeiros do grupo IMÁN pasamos na Praza da Constitución un día sen praia, tamén hai que dicilo que o día non acompañaba para a praia chegando ao punto de ter que sacar os paraugas.
No acto, xa clásico, confeccionamos un tapiz con toallas de praia co fin de lembrarnos das persoas sen teito e tamén da necesidade de que se abra dunha vez o albergue público para as persoas sen fogar. No acto ademais da lectura do manifesto que acompañamos abaixo, cantamos a canción «Nas choupanas de Vigo» e garadamos tres minutos de silencio en lembranza das persoas mortas por mor da pobreza, tempo no que escoitamos a peza de dous gaiteiros.
– – –
ACTO SOCIOCOMUNITARIO UNHA TARDE SEN PRAIA – Albergue xa para as persoas sen teito
Praza da Constitución, luns 23 de agosto de 2010
Benqueridas amigas e amigos:
Como xa é costume para nós, traemos un agosto máis as nosas toallas de praia a esta praza para confeccionar con todas elas un tapiz multicolor e solidario. Un tapiz co que pretendemos expresar publicamente a nosa indignación e pesar ante a falta de consenso entre os responsables institucionais en relación ó proxecto do Centro de Emerxencia Social; situación que está a demorar ata o insoportable a apertura deste espazo urxentemente necesario.
Hoxe nesta praza queremos lembrar que na nosa cidade malvive un importante colectivo veciñal de persoas sen fogar que loitan por sobrevivir en condicións realmente adversas: dormen en espacios infrahumanos, deambulan durante o día sen ter un lugar no que descansar, enferman ou ven como se agravan as súas doenzas, e mesmo, con dolorosa frecuencia, atopan a morte.
Ante esta realidade tan crúa, O Imán ven esixindo dende hai moitos anos a inmediata posta en marcha dun Albergue─Centro de Emerxencia Social, que debería cumprir uns mínimos requisitos, como a ubicación na zona centro da nosa cidade nun inmoble que conte coa suficiente amplitude para albergar cando menos entre 50 e 60 camas, así como espazos para o lecer e a formación; ademáis debería permanecer aberto as 24 horas do día todos os días do ano e o acollemento habería de ter unha duración suficiente (de medio a longo prazo) para que cando a persoa abandone o centro sexa quen verdadeiramente de continuar coa súa vida cunhas condicións minimamente dignas.
Pero ata o día de hoxe as administracións autonómica e local non foron quen de chegar a un acordo definitivo que permita poñer dito dispositivo en marcha. Non será pola falta de inmobles, entre eles o do último proxecto presentado á opinión pública, no Barrio de Ribadavia, que, sen embargo, xenera algunhas dúbidas acerca da idoneidade do espacio dispoñible, posto que só podería albergar 30 camas e non contaría con comedor nin apenas espazos para actividades socioeducativas. Pero tamén outros, dos que se falou con anterioridade, como o edificio da Antiga Escola de Hostelería (co dobre de metros cadrados útiles), o Antigo Hospital da Cruz Vermella, o actual albergue das Misioneiras do Silencio, en Marqués de Valterra (que no 2012, cando remate a súa cesión, voltará a mans municipais) e, por suposto, o edificio da Gota de Leite, que ofrece unhas características inmellorables para a ubicación de dito servizo, pero que a actual Xunta de Galicia decidiu adicar a outros fins cando o proxecto da súa adecuación para o albergue xa estaba moi avanzado.
Hoxe nesta praza queremos esixir aos nosos representantes políticos, en primeiro lugar, que deixen a un lado os propios intereses e cumpran as súas promesas de poñer en marcha sen demora o Centro de Emerxencia Social en Vigo. Ademáis, tendo en conta que xa queda menos para a chegada do mal tempo, cremos que mentres non estea preparado para a súa apertura o centro definitivo, sexa finalmente nesta ou noutra ubicación, a Gota de Leite debería ofrecerse para dito fin, cando menos de xeito provisional, posto que conta na actualidade coa infraestructura necesaria.
Por último, non queremos deixar de dirixirnos aos cidadáns e cidadás da nosa cidade para que tomen conciencia da necesidade de dito proxecto e comprendan que é unha cuestión de xustiza e dignidade humana. Nese sentido, dende O Imán rexeitamos as conductas aporofóbicas que se están a dar con respecto á localización do albergue, e que moitas veces teñen a súa orixe na criminalización da pobreza e das patoloxías adictivas, e pedimos aos veciños e veciñas de Vigo que non poñan atrancos á definitiva ubicación dun dispositivo que é de vital importancia para a saúde e integración social das persoas sen fogar.
Programa O Imán de autoapoio VIH/SIDA e adiccións da UAD do Concello de Vigo
Comunidade Parroquial Cristo da Victoria de Coia
Do you mind if I quote a few of your articles as long as I provide credit and sources back to your blog? My website is in the very same area of interest as yours and my users would certainly benefit from a lot of the information you provide here. Please let me know if this alright with you. Thanks!