XXXIII Romaxe de Crentes Galegos en Monterroso

Un ano máis a nosa comunidade acudirá en peregrinación o 11 de Setembro á Romaxe de Crentes Galegos. Este ano é a Romaxe número XXXIII. Vai ser na “Area Fluvial da Peneda” en Monterroso (Lugo) a partir das 11 da mañá. O lema será una frase dunha vella copla galega: “SE TI VIRAS O QUE EU VIN”.

No  Monterroso, encrucillada de camiños celebraremos con moitos crentes que a pesar de tantos pasos de morte e inxustiza seguimos atopando motivos para a esperanza e a ledicia. En Galiza e no Mundo seguimos percibindo verbas, signos, xestos, iniciativas, que nos falan de vida, de vida plena para nos a para toda a humanidade e a natureza. Xesús de Nazaret, o caminante, atoparase con nos en Monterroso para axudarnos a descubrilo e celebralo.

Como sempre dende a parroquia poñeremos un bus con saida as 8,30 da mañá. Podedes ir reservando praza. E non  vos esquenzades: NON É UNHA EXCURSIÓN, E UNHA PEREGRINACIÓN… IMOS CELEBRAR A FE EN XESÚS CON OUTROS CRENTES GALEGOS.

+info: asociacion-irimia.org/taboleiro.html