O Foro 2010 é un gran contedor de eventos e actividades a nivel mundial que xiran ao redor da Cultura da Paz. No 2010 coinciden diversos acontecementos moi salientábeis que paga a pena seren analizados e celebrados. Entre eles están a celebración dun novo Ano Xacobeo Compostelán, cita e lugar de encontro para millóns de persoas, o final da Década da Cultura da Paz e a Non Violencia para todos os nenos e nenas do mundo, proclamada por Nacións Unidas (2001-2010), dez anos dende a existencia dos Obxectivos do Milenio e o Programa de Acción para a Alianza de Civilizacións finalizou tamén a súa primeira andaina. Asemade, cúmprense tamén 10 anos desde que o Foro Social Mundial, e con el o Foro Mundial de Educación, naceran en Porto Alegre.
O Foro 2010 celebrarase en Santiago de Compostela, capital de Galicia, entre o 3 e o 30 de decembro de 2010, e baixo o seu paraugas desenvolverase un Foro Mundial de Educación temático, tres congresos académicos, xuntanzas de alto nivel de Nacións Unidas e actividades artísticas e culturais.
1. Congreso Internacional sobre Información e Dereitos Humanos. Do 7 ao 8 de decembro de 2010.
2. Cumio Internacional sobre o Dereito Humano á Paz. Do 9 ao 10 de decembro de 2010.
3. Foro Mundial de Educación Temático sobre «Educación, Investigación e Cultura de Paz». Do 10 ó 13 de decembro de 2010.
4. Congreso Internacional sobre Memoria, Reconciliación e Cultura de Paz. Do 14 ao 15 de decembro de 2010.
5. Xuntanza de Membros do Grupo de Alto Nivel de Nacións Unidas para a Alianza de Civilizacións e do Decenio da Cultura da Paz e a Non Violencia para tódolos nenos e nenas do mundo, 2001-2010. Do 4 ao 6 de decembro de 2010.
6. Actividades artísticas e culturais paralelas (Pintura, fotoxornalismo, cinema, banda deseñada, videoxogos, literatura e música). Do 3 ao 30 de decembro de 2010.
+info: www.foro2010.org