Comenzaron as actividades das Letras Galegas 2010 coa charla do profesor da Universidade de Vigo: Anxo Angueira Viturro.
Fixo unha presentación do poeta homenaxeado -Uxio Novoneyra- destacando as dúas vertentes da súa poesía: a vivencia mística de contacto coa terra do Courel expresada na súa obra “Os Eidos ” e a vivencia socio–política reflictida na súa obra “Do Courel a Compostela”.
«A forza do amor non pode ser inútil”, frase que repetía nalgunha das súas poesías manifesta o talante humanista e loitador de Uxio. O ponente recitou na charla moitos dos seus poemas.