Hostigamento e difamación contra a Comisión Intereclesial de Xustiza e Paz

A Comisión Intereclesial de Xustiza e Paz, e en particular Danilo Rueda e Abilio Peña e os pais Alberto Franco e Javier Girado, son vítimas dunha campaña sistemática de difamación a base de falsas testemuñas, ameazas e persecución, engadindo a isto o uso de páxinas webs. A poboación das Zonas Humanitarias e Zonas de Biodiversidade sofren tamén a situación de violencia, persecución, hostigamento e medo.

Os autores de tales acusacións e ameazas son grupos paramilitares, representantes de empresas interesadas na explotación de agrocombustibles ou empresas mineiras, que contan coa tolerancia de institucións do Estado, cando non coa súa connivencia, desacreditando ao Estado colombiano ante a opinión pública internacional.

Dende os máis elementales principios éticos e morais, a actitude dalgunhas institucións do Estado colombiano son contrarias ao Dereito e son, asimesmo unha negación dos discursos de «paz» do gobierno colombiano.

Máis info en: www.sicsal.net/denuncias/Colombia/