O Grupo de autoapoio VIH/Sida e Adiccións O Imán da Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Vigo convoca a partir das 21h00 do 26 de abril, unha acampada na Praza do Rei, que se prolongará en principio durante dez noites consecutivas, para esixir a INMEDIATA APERTURA DO CENTRO DE EMERXENCIA SOCIAL en Vigo.
Ante a demora insoportable que está a sufrir por parte dos responsables autonómicos e locais a posta en marcha de dito servicio, que consideramos de máxima urxencia, un grupo de persoas solidarias con esta causa, convocadas por O Imán, pernoctará en tendas de campaña xunto ao Concello de Vigo durante as próximas dez noites. O horario da mobilización será todos os días dende as 21:00 horas da noite ata as 12:00 horas da mañá seguinte. Ao cabo destes primeiros dez días, o grupo convocante avaliará a situación para decidir acerca da continuidade ou non da acampada.
O obxectivo final desta nova mobilización non é outro que chamar unha vez máis a atención sobre a actitude fondamente irresponsable que as administracións públicas competentes, Xunta de Galicia e Concello de Vigo, están a manter con respecto a este asunto, e esixirlles que cumpran os compromisos políticos adquiridos e que dunha vez por todas poñan os medios necesarios para facer posible a creación e inmediata apertura dun Centro de Emerxencia Social de titularidade pública no que se preste unha atención integral ás persoas sen teito da nosa cidade.
naturally like your web site but you need to check the spelling on quite a few of your posts. Many of them are rife with spelling problems and I to find it very troublesome to inform the reality however I will certainly come back again.