O sábado 17 de Abril (terceiro sábado do devandito mes) levóuse a cabo a tradicional ASEMBLEA DE CRENTES GALEGOS. O Colectivo de Crentes Galegos agrupa comunidades de base de toda Galicia. Unhas son parroquiais, como a nosa, outras funcionan ao marxe das parroquias. Algúns dos seus nomes: Comunidade Home Novo de A Coruña, Vangarda Obreira de A Coruña, HOAC de Vigo, ARELA de Galicia, Movemento Rural, Comunidades de Ferrol, Comunidade do Castiñeiriño de Santiago, Comunidade ds “dispersos” de Santiago, etc… En total xuntámonos no Centro Don Bosco de Santiago de Compostela corenta persoas.
Tivemos una posta en común do reflexionado previamente (1/ Experiencia personal e comunitaria do seguimento de Xesús, 2/ Celebración da fe nas comunidades, 3/ Compromisos sociais). Todos coincidimos na necesidade de xuntar as tres dimensións do seguimento. Tivemos un xantar compartido cas viandas que cada grupo levou. E pola tarde tivemos unha celebración da Eucaristía preparada minuciosamente pola Comunidade dos “dispersos” de Santiago. Ao remate quedouse en contestar unhas preguntiñas nas nosas comunidades e enviar resposta a Josechu, de Santiago, o coordinador e representante de Redes Cristianas en Galiza.
As preguntas son:
1/ Que é o que mellor resultou da asemblea?
2/ Que cousas poderíamos mellorar dela para a vindeira edición? (metodoloxía, tempos, temática,coordinación, etc.)
3/ Tedes algún outro comentario ou suxestión que facer?
4/ Estamos de acordo con establecer unha cota por colectivos (orientativas e voluntarias) para ir sufragando os gastos que aparecen na Coordinadora? Canto? Como?
5/ Vemos convinte que a Coordinadora de Crentes Galeg@s teña unha estructura legal (asociación) que facilite a súa participación nalgunhas plataformas?
Nota: As respostas podedes envialas a [email protected] e, a poder ser, antes de que remate este mes de abril.
I do not even know how I ended up here, but I thought this post was good. I do not know who you are but certainly you are going to a famous blogger if you aren’t already 😉 Cheers!