A Rede Social Galicia Sur convoca unha marcha-concentración o vindeiro xoves 15 de abril para reclamar a apertura dun centro de inclusión social público para as persoas sen teito da cidade. A marcha partira ás 19h30 de diante do Marco para dirixirse ata a Praza da Constitución onde darase lectura do manifesto.
Este é o texto da convocatoria da Rede:
RECLAMA A APERTURA DO CENTRO DE INCLUSION SOCIAL EN VIGO XA!!
A Rede Social Galicias Sur CONVOCATE ao acto para reclamar a apertura do Centro de Inclusión Social Público na cidade de Vigo para as Persoas sen Fogar.
Isto xa foi aprobado en pleno Municipal do Concello de Vigo, e seguimos á espera tras SEIS ANOS !!!!
QUE? acto para reclamar a necesidade de apertura dun centro de inclusión social público na cidade de Vigo para as Persoas sen Fogar.
ONDE? concentración diante do MARCO (rúa do Príncipe) para posteriormente marchar ata a praza da Constitución pola mesma rúa do Príncipe e cruzando a Porta do Sol.
CANDO? este xoves, 15 de abril de 2010 ás 19:30
QUE PODES FACER?
-asistir ó acto.
-Difundir este email entre os teus contactos
-Imprimir o cartel e poñelo visible nos lugares que consideres.