Dende AIS O Peto convídannos á V xornada de formación organizada para a formación das socias e socios aínda que aberta á cidadanía en xeral. Será o sábado 13 de marzo e versará sobre "Consecuencias do capitalismo: cris global e alternativas".
A charla a impartirá Luís González Reyes, coordinador de Ecologistas en Acción-Madrid, e nela haberá tempo para a reflexión, o diálogo, o compartir experiencia e inquedanzas…
A xornada estará repartida do seguinte xeito:
Pola mañana:
– Como funciona o capitalismo?
– Causas da crise (reais, creadas, …).
– Consecuencias do capitalismo: a crise global.
Pola tarde:
– Alternativas (realidades que se coñecen (videoforum, obradoiro…)
Horario: de 10:30 a 13:30 horas e de 16:30 a 19:30 horas.
Lugar: Galería Sargadelos de Santiago de Compostela (Rúa Nova 16)
+info: www.opeto.org