Mentres prosigue a loita pola apertura do albergue para sen teito na cidade o concello de Vigo habilitou nestes días o pavillón de Berbés para acoller ás persoas que están a vivir na rúa da cidade, esta é a nota de prensa do concello:
«Diante da situación de insuficiencia de prazas para aloxamento temporal existentes nesta cidade e prevendo baixas temperaturas e outros fenómenos meteoroloxicos adversos, o departamento de Benestar Social, coa colaboración da Concelleria de Deportes, acorda pór en marcha un dispositivo de aloxamento de caracter temporal.
Finalidade: prestar aloxamento temporal a aquelas persoas que carezan de vivenda e medios económicos e que estean a durmir na rúa.
Lugar: pavillón do Berbés
Instalacións: sala dormitorio, servizos hixienicos e duchas.
Nº prazas: 28 (homes e mulleres)
Horario: permanecerá aberto de 22h00 a 23h00 para recepción de persoas. Estas pernoctarán ata as 8 h. que deberán abandonar as instalacións ata as 22h que se abra novamente.
Utilización de duchas: de 23h00-24h00″
I am typically to running a blog and i actually appreciate your content. The article has really peaks my interest. I’m going to bookmark your web site and preserve checking for new information.