En 2010, coincidindo coa presidencia de España na Unión Europea, comezarán as conversacións para a renovación do acordo de pesca entre a UE e Marrocos.
Como sabedes, o actual acordo, que expira en 2011, non exclúe explicitamente as augas do Sahara Occidental ocupado. Grazas a iso, numerosos barcos ingleses, portugueses, lituanos e españois, entre outros, están a faenar en augas saharauís.
Baixo estas circunstancias, Marrocos está a beneficiarse do diñeiro dos europeos e a UE está a dar claros sinais de apoio á ocupación ilegal do territorio.
Chegou a hora de actuar!
O 6 de novembro, Western Sahara Resource Watch lanzou unha campaña para esixir á Unión Europea que deixe de conceder licenzas de pesca en augas do Sahara Occidental e que cese a actividade pesqueira da UE no Sahara Occidental.
Para levar a cabo esta campaña, NECESITAMOS a vosa COLABORACIÓN!
Para asinar a petición debedes entrar en www.fishelsewhere.eu
Poden asinar tanto persoas individuais como organizacións e colectivos. Hai tamén unha sección específica para parlamentarios. A firma realízase a través da propia páxina web.
A petición está dispoñible en inglés, francés, español, árabe, sueco, alemán, portugués, italiano, holandés e finés. Esperamos ter máis versións en breve.
Pedímosvos tamén a vosa axuda para divulgar esta campaña todo o que poidades. Debemos facer chegar a petición ao maior número de posibles asinantes, xa sexan persoas, organizacións ou institucións. Para iso, pedímosvos que reenviéis este correo a todos os vosos contactos e que, si tedes páxina web, blog, facebook, twitter ou calquera outro medio de difusión de internet, que colguedes a campaña e o link a www.fishelsewhere.eu
É crucial conseguir un número moi importante de firmas nos próximos 10 días, para que a campaña colla entidade e a petición sexa xa imparable. A campaña continuará despois pero hai que tentar darlle un gran empuxón agora.
Cando WSRW realizou a campaña anterior en 2006, conseguiuse que a asinasen máis de 200 parlamentarios europeos e que Suecia votase en contra. Esta vez propómonos deter o espolio. Coa túa axuda podémolo conseguir!
CONTAMOS CONVOSCO PARA DETER O ESPOLIO DOS RECURSOS NATURAIS DO SAHARA OCCIDENTAL!
Hi would you mind letting me know which web host you’re utilizing? I’ve loaded your blog in 3 different web browsers and I must say this blog loads a lot quicker then most. Can you suggest a good internet hosting provider at a honest price? Thanks, I appreciate it!