A Rede Social Galicia Sur convoca para o xoves día 12 de novembro ás 19:00 horas unha concentración no edificio da Gota de leite no que tras a lectura dun manifesto iniciarase un percorrido ata o concello de Vigo e posteriormente ata o edificio da Xunta de Galicia para o inicio dunha acampada que permanecerá ata o venres día 13 de novembro ás 13:00 horas.
É intención da Rede Social Galicia Sur visibilizar e seguir incidindo, mediante esta acampada e pernocta diante das dúas sedes administrativas, na reclamación e esixencia ás administració ns competentes da inmediata apertura do centro de inclusión social de titularidade pública na cidade de Vigo.
A Rede Social Galicia Sur considera inadmisible o incumpriomento reiterado dos compromisos políticos adquiridos por ambas administracións dende o ano 2004 en relación a este proxecto e denuncia a falta de vontade política para desbloquear esta situación. Non podemos permitir que se siga a negociar coa pobreza.
Xoves 12 de novembro
– 19.00: Concentración no Edif. «Gota de Leite» para lectura do MANIFESTO. Inicio percorrido ata o Concello de Vigo
– 19:30: Instalación da acampada na Praza do Rei. Frente ao Concello de Vigo. Inicio do percorrido ata o edificio da Xunta de Galicia.
– 20:30: Instalación de acampada diante Xunta de Galicia
Venres 13 de novembro
Mantemento da Acampada ata as 13:00 horas para informar e sensibilizar á cidadanía.