O pasado sábado 26 de setembro tivo lugar a xuntanza de comezo de curso, que dende hai uns anos quedou marcada no calendario parroquial como momento de repaso dos acordos alcanzados na última asemblea do curso anterior e tamén como inicio "oficial" do curso.
Na xornada presentáronse de xeito resumido e por áreas os acordos e decisións aos que chegou na asemblea de xuño de 2009, ademais de aproveitar para lembrar as datas máis sinaladas dos calendario parroquial.