Esta semana tanto o xornais da cidade: Faro de Vigo, Atlántico e a Voz de Galicia na súa edición local veñen recollendo as diferenzas que existen entre o bipartito, que goberna a cidade e a Xunta, ante a ubicación e construción do albergue para as persoas sen teito.
Hai unhas semanas asociacións e ONG´s da cidade denunciaban publicamente que co albergue e coas necesidades das persoas que viven nas nosas rúas non se pode negociar nin especular, pero polo momento non semella existir moito consenso político ao redor deste tema.