Hoxe o concello, dende o departamento de servizos sociais, anunciou a apertura dun "dispositivo de emerxencia contra o frío" que de xeito temporal e mentres non se pon en marcha o albergue dará cobixo aos sen teito da cidade. Cremos que é unha boa nova que un servizo deste tipo estea aberto na cidade, malia que tamén dicimos que isto non é o albergue e que é unha solución temporal que esperamos que sexa reflexo de que os gobernantes queren tomar en serio este problema.
O centro ten ao redor de 25 prazas e está ubicado no segundo andar da antiga escola de hostelería (Cánovas del Castillo 2, 2º) co seguinte horario:
– Acollida: 22.00 a 24.00 h
– Saída: 8.00 h