Este sábado 27 de decembro, as asociacións Amarante, Árbore, Asamblea de Mulleres, Caleidoskopio, C.S. Formiga, Foro da Mocidade, Precarias en Loita, Verdegaia, Sensumisas, Xogo Descoberto e o Centro Social do Calvario organizan unha xornada contra o consumismo co seguinte programa:
Pola mañá:
– MERCADIÑO DE TROCO E CESIÓN, como cada último sábado de mes, na rúa Urzáiz, fronte ao mercado do Calvario, entre as 11:00 e as 13:00 horas (se chove, no Centro Social Calvario, na rúa Numancia 3).
– Taller de reciclaxe, a carón do mercadiño.
Pola tarde:
– Nova edición do MERCADIÑO DE TROCO E CESIÓN, desta volta na praza da Princesa, entre as 17:00 e as 19:00 horas.
– Taller de reciclaxe, a carón do mercadiño.
– Acción de rúa contra o cosumismo, a partires das 19:00.
{mosimage}
Nesta ocasión, o mercadiño contará cunha sección especial para o troco de xoguetes nos que os principais protagonistas á hora de trocar serán os nenos e as nenas. Que sexan eles/as os que leven os seus xoguetes e os troquen por outros que lles fagan maior ilusión.
Todo aquela persoa que queira participar nesta experiencia poderá pasarse pola rúa Urzáiz ou pola praza da Princesa levando aqueles bens —roupa, libros, música, obxectos decorativos, artesanía, electrónica, mobles e o que a cada quen lle pete— que queira trocar ou ceder voluntariamente a outras persoas. A idea é fomentar a cesión desinteresada dos obxectos que non utilizamos (e que ben lle poden servir a outras persoas) ou o seu intercambio por aqueles obxectos ou bens dos que si precisamos.