Chegan as festas de Nadal, e por desgraza a tamén unha época de consumo desbocado no que as empresas envíannos millóns de mensaxes dirixidos a que merquemos.
Cómpre que reflexionemos antes de facer as nosas compras co fin de procurar alternativas que nos leven a consumir responsablemente; con esta filosofía traballa a web que Ecoloxistas en Acción fixo a propósito do Día sen compras e na que podedes atopar materiais para traballar, en grupo, documentais, materiais gráficos, etc.
Aproveitamos tamén, para lembrar a existencia de alternativas que funcionan na cidade como o mercadillo de troco Vigotroca ao que cada día acude máis xente.