Lecturas domingo

PRIMEIRA LECTURA

Sabedoría 6,12-16

A sabedoría é radiante e inmarcesible, vena facilmente os que a aman, e atópana os que a buscan; ela mesma dáse a coñecer aos que a desexan. Quen madruga por ela non se cansa: atópaa sentada á porta. Meditar nela é prudencia consumada, o que vela por ela pronto se ve libre de preocupacións; ela mesma vai dun lado a outro buscando aos que a merecen; abórdaos benigna polos camiños e sáelles ao paso en cada pensamento.

SEGUNDA LECTURA

Tesalonicenses 4,13-18

Irmáns, non queremos que ignoredes a sorte dos defuntos para que non vos aflixades como os homes sen esperanza. Pois se cremos que Jesús morreu e resucitado, do mesmo xeito, aos que morreron, Deus, por medio de Jesús, levaraos con el. Isto é o que vos dicimos como palabra do Señor: Nós, os que vivimos e quedamos para cando veña o Señor, non avantaxaremos aos defuntos. Pois el mesmo, o Señor, cando se dea a orde, á voz do arcanxo e ao son da trompeta divina, descenderá do ceo, e os mortos en Cristo resucitarán en primeiro lugar. Despois nós, os que aínda vivimos, seremos arrebatados con eles na nube, ao encontro do Señor, no aire. E así estaremos sempre co Señor. Consoládevos, pois, mutuamente con estas palabras

EVANXEO, Mateo 25,1-13

Naquel tempo, dixo Jesús aos seus discípulos esta parábola: "Parecerase o Reino dos Ceos a dez mociñas,que, collendo os seus candís, saíron recibir ao noivo. Cinco eran parvas e cinco asisadas. As parvas, ao colleren os candís, non se proveeron de aceite; as sensatas, en troques, cos candís levaron tamén as aceiteiras cheas. Como o noivo tardaba, entroulles soño a e durmíronse. A medianoite oíuse berrar: "¡Que chega o noivo, saíde a recibilo!" Erguéronse todas aquelas mociñas a prepararen os candís. Entón dixéronlle as parvas ás asisadas: "Dádenos do voso aceite, que os nosos candís esmorecen." Responderon as asisadas: "Non vaia ser que non chegue para vós e para nós; será mellor que vaiades á tenda e o merquedes." Mentres elas ían mercalo, chegou o noivo, e as que estaban preparadas entraron con el no banquete de vodas, e pechouse a porta. Máis tarde chegaron tamén as outras mociñas, chamando: "Señor, señor, ábrenos." Pero el respondeulles: "Asegúrovolo: non vos coñezo." Vixiade pois, xa que non sabedes o día nin a hora."