Por se este xoves andades preto de Santiago e tedes oportunidade tendes unha mesa redonda co seguinte título: "Crise económica global: unha oportunidade histórica de transformación. Impactos da crisis financieira, políticas de Libre Comercio e alternativas en América Latina e Europa.
Na que participarán:
– Graciela Rodríguez, Coordenadora Global da IGTN – Rede Internacional de Xénero e Comercio, membro da Coordenación de REBRIP – Rede Brasileira pola Integración dos Pobos, e da Alianza Social Continental;
– Isabel Vilalba (Sindicato Labrego Galego – Marcha Mundial das Mulleres), participou recentemente na V Conferencia Internacional da Vía Campesina;
– Fernanda Couñago Otero, Directora de Amarante;
– Tom Kucharz, Verdegaia – Campaña ¿Quen debe a quen?, e Rede bi-rexional "Enlazando Alternativas"
Modera: Rosa Verdugo, profesora de Estructura Económica da USC, e membro de Paz con Dignidad.
Será o xoves, 6 de novembro ás 19:30 h na Facultade de Historia e Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela (Praza da Universidade, 1)
Acto organizado por: Altermundo, Amarante, Paz con Dignidad, Sindicato Labrego Galego, Verdegaia, Veterinarios sen Fronteiras.