"Porque as promesas non se comen: este ano 50 millóns de persoas teñen fame" este é o lema da manifestación da campaña Pobreza Cero que terá lugar ne Vigo o 18 de outubro e que sairá ás 12:30 da Praza Independencia e que chegará ata a Praza Constitución.
A Rede Social Galicia Sur, plataforma que aglutina a máis de 15 organizacións de Vigo e bisbarra que traballan tanto nos Países do Sur como en Galicia pola xustiza social e por conseguir un mundo máis xusto, equitativo e sostible, quere invitarvos a participar na manifestación que realizaremos o sábado 18 de outubro ás 12:30 dende a Praza de Independencia á Praza da Constitución co gallo da celebración do Día Internacional de Erradicación da Pobreza.
Nesta manifestación xuntarémonos organizacións sociais de toda Galicia para elevar a nosa voz sobre os incumprimentos reiterados dos nosos gobernantes no tema da loita contra a POBREZA.
Actividades:
Pegada de carteis: Luns 13 e xoves 16 de outubro
Rolda de Prensa: Xoves 16 outubro ás 11
Mesas Informativas: Venres 17 outubro. Na Praza de Independencia e na Praza da Constitución. Ás 19 horas
MANIFESTACIÓN: Sábado 18 de outubro. Saída: Praza de Independencia ás 12:30. Chegada: Praza da Constitución ás 14 horas.