Nas últimas semanas os medios de comunicación de masas falan da crise mundial, que afecta tamén a España, exemplo moi claro disto é o aumento do paro, as reducións de plantilla nas grandes empresas do automóbil, o frenazo da construción, o aumento das hipotecas, etc.
Malia que a palabra crise sae a todas horas e difícil ter unha idea clara de que está a pasar e cales son as orixes, por esta razón deixamos un conto publicado pola revista "El Jueves" na que explica breve e de xeito moi claro as orixes da crise, tamén para os que queiran afondar no tema deixamos este enlace no que a explicación é máis detallada.