Acto sociocomunitario do grupo Imán

O vindeiro xoves, 2 de outubro, o grupo Imán convídanos a un acto sociocomunitario no que pretenden recoñecer a campaña iniciada pola Xunta de Galicia sobre as persoas sen teito e sobre a posible posta en marcha dun albergue.

O acto comezará ás 19.00 no local do programa "Sereos", na rúa Elduayen, nº 11 e dende alí sairemos pola ata a Praza da Constittución, onde ofreceremos un aplauso de 3 minutos polo acerto desta campaña.

Deixamos o comunicado do acto emitido polo grupo Imán para que o divulguedes.

{mosimage}

Benqueridas amigas e amigos:

Ante a campaña de sensibilización posta en marcha pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia sobre as persoas sen teito e posible posta en marcha dun albergue na nosa cidade, convocamos para o vindeiro xoves, día 2 de outubro un acto sociocomunitario, onde pretendemos recoñecer publicamente a calidade da campaña e especialmente ás persoas que ofreceron a súa imaxe, á empresa que diseñou e desenvolveu o proxecto e a Vicepresidencia da Xunta de Galicia.

Quedamos de atoparnos as 7 da tarde no local do programa "Sereos", na rúa Elduayen, nº 11 e dende alí dirixirnos pola aceira do Paseo de Alfonso ata a confluencia das rúas Cachamuiñas e Falperra, onde se atopa un dos carteis publicitarios para ofrecer un aplauso de 3 minutos polo acerto desta campaña.

Convidamos ao maior número posible de persoas a achegarse a este acto que sen dúbida pulará por esa posta en marcha dun albergue que ten que ser o orgullo dun barrio dunha cidade que é quen de atender e protexer a saúde e a vida das persoas sen teito.