Aínda que faltan dous meses anunciamos que o 13 de setembro celebramos a XXXI Romaxe de Crentes Galegos baixo o lema de "Rexos coma carballos", no que queremos celebrar o privilexio de ser un pobo con raíces ben fondas. das que non queremos nin podemos desprendermos. O lugar escollida é a praia fluvial do Miño de Baltar (A Pastoriza – Lugo).
Dende a parroquia sairá un bus ás 7.30 da mañán, cómpre inscribirse acudindo ao despacho. Deixamos o enlace á nova publicada no canal Irimia en Vieiros, no que explican como chegar.