O pasado mes de xuño a Asociación de Mulleres Dorna organizou o fin de curso no salón de actos do complexo parroquial.
As alumnas de tai-chí e ioga fixeron unha demostración das artes aprendidas ao longo do curso.
En primeiro lugar saíron as mulleres de tai-chí que nos deleitaron co seu bó facer, a continuación actuaron as de ioga facendo uns exercicios en parellas moi bonitos e para rematar volveron a saír as de tai-chí facendo unha escenificación con abanicos.
O remate de todo vimos un documental de relaxación con ioga e un montaxe das fotos das diferentes excursións e convivencias que se fixeron o longo do ano: Betanzos,Barcelona, Panxón etc.
Tamén había unha exposición dos traballos de pintura e patchwork que chamaron a atención d@s asistentes.