Primer encontro sen teito con Antonio Rodríguez

O martes 25 de marzo o grupo Imán e o programa Sereos do Casco Vello organizaron o "Primeiro encontro sen teito" na nosa cidade coa participación de Antonio Rodríguez -dominico que traballa no albergue madrileño de San Martín de Porres-.

Na xornada participaron ao redor de 70 persoas, entre xente persoas sen teito, voluntarios e profesionais, que encheron o local do concello situado no Casco Vello.

{mosimage}

A xornada comezou co almorzo no local dos Sereos, logo de chegar ao CTIC quentamos motores con dúas cancións, con baile incluído, e coa lectura da fábula do Aguilucho.

Logo disto Antonio comezou coa exposición das políticas en materia de sen teito na Unión Europea e deixando claro que o problemas das persoas sen teito deben ser tratados de manera integral, tendo claro que este fenómeno é solucionable e froito da inxustiza social. Tras a pausa Antonio presentounos o traballo que se está a facer no albergue de San Martín de Porres, que conta ademais de co albergue: con unha miniresidencia, dous pisos tutelados e cunha empresa de inserción.

A xornada a pechou a concelleira de Benestar Social do Concello de Vigo, María Méndez, que adiantou que este ano estará en funcionamento o albergue e un piso para emerxencias.

Rematamos esta fermosa xornada cun xantar común nun restaurante do Casco Vello.

Podedes ler máis información no artigo publicado na Voz de Galicia.

Un comentario

  1. Thanks for sharing excellent informations. Your site is so cool. I’m impressed by the details that you’ve on this website. It reveals how nicely you perceive this subject. Bookmarked this web page, will come back for extra articles. You, my pal, ROCK! I found just the information I already searched everywhere and just couldn’t come across. What an ideal site.

Los comentarios están cerrados.