Os veciños asistimos a un novo acto no camiño de ver realizada unha aspiración de máis de 25 anos. Agora a Deputación Provincial ofrece ao Concello de Vigo a posibilidade de facerse cargo da construción do Centro Cultural de A Bouza.
Dun xeito ou outro, cada vez parece máis próximo o momento en que poidamos gozar deste equipamento social, de primeira necesidade para o noso barrio.
Os orzamentos municipais para 2008 xa contemplan un partida de 300.000 euros para comezar as obras e agora a Deputación parece tamén comprometida coa súa construción.
Só esperamos que o fragor electoral non faga imposible o acordo.
Podedes ler máis información no Faro de Vigo.