Orzamentos xerais do Estado 2008: insolidarios e insostibeis

Na web do Grupo de Axitación Social podemos ler o seguinte texto sobre a visión da CGT, Ecoloxistas en Acción e Baladre, os Orzamentos Xerais do Estado (PXE) dos últimos anos, e o previsto para o 2008, non son moi diferentes: baséanse en modelos de crecemento cada vez máis desiguais e insostibles.

{mosimage}

Sostemos que os PXE para o 2008 manteñen e apoian unha orientación desigual no reparto da riqueza xa que:

1. O estado só cubre o 12% das necesidades de coidados na familia, persoas dependentes e discapacitadas.

2. Aínda que o gasto en pensións representa o 62% de todo o gasto social, a realidade é que o 92% das mulleres pensionistas cobran menos de 2,5 veces a pensión mínima.

3. O capítulo de fomento do emprego vai directamente a subvencionar aos empresarios no que se denomina o fomento á contratación, pactado na última Reforma Laboral 2006.

4. En canto ao capítulo adicado ao desemprego, non garante prestacións suficientes, ademais de estar cada vez máis vinculado a medidas disuasorias para percibir a prestación durante o menor tempo posíbel.

5. A partida adicada a políticas de vivenda oriéntanse básicamente a financiar deduccións fiscais dos xa propietarios e empresas promotoras.

6. O Gasto Militar ascende a 25.066 millóns de euros.

No que respecta á sostibilidade ambiental, os PXE tamén mostran resultados desoladores:

1. En lugar de basear a economía no local, aparecen partidas adicadas á externalización da “nosa” economía: Fondos de Axuda ao Desenvolvemento (1.572 millóns de euros), Institucións Financeiras Internacionais (904 millóns de euros), axudas á exportación (57 millóns de euros) ou aportacións á UE (12.208 millóns de euros).

2. As partidas para o transporte máis impactante abundan: transporte aéreo (402 millóns de euros), estradas (4.220 millóns de euros), AVE (1.267 millóns de euros). En contraposición, a financiación para o desenvolvemento de medios de transporte sostibles, como o tren convencional, quédase moi curta (1.463 millóns de euros).

Fronte ás partidas sinaladas anteriormente que van a fomentar o quecemento global, as que son para loitar contra o cambio climático resultan moito menores: IDAE (81 millóns de euros) ou loita directa contra o cambio climático (163 millóns de euros).

3. As partidas de promoción do turismo (391 millóns de euros), fortemente ligado ao proceso urbanístico, e de construcción de nova vivenda (1.274 millóns de euros) tamén son consideradas como insostibles.

As partidas que se adican a conservación (517 millóns de euros), a defensa da costa (278 millóns de euros), a un desenvolvemento rural sostíbel (100 millóns de euros) ou á protección da pesca (52 millóns de euros) volven a ser menores que as de destrucción en base ao urbanismo. Deste modo, CGT, Ecoloxistas en Acción e Baladre consideran que estes PXE supón:

– Un crecemento económico cada vez máis insostíbel, inxusto e desigual.

– Un crecemento que non contempla nin as consecuencias sociais, nin as necesidades sociais reais da poboación en xeral, e da máis empobrecida en particular.

– Un crecemento baseado na explotación das clases asalariadas e na esquilmación de recursos.

CGT, Ecoloxistas en Acción e Baladre

Un comentario

  1. Wonderful beat ! I wish to apprentice while you amend your website, how can i subscribe for a blog website? The account helped me a acceptable deal. I had been tiny bit acquainted of this your broadcast provided bright clear concept

Los comentarios están cerrados.