As protestas masivas das últimas semanas en Myanmar están sendo aplastadas mediante unha combinación de forte presenza militar nas rúas, graves violacións de dereitos humanos e detencións masivas. En todas as esquinas das rúas de Yangon –principal centro das protestas– son visibles un elevado número de soldados, e o medo é xeral.
{mosimage}
Segundo informes, xa morreron alomenos dez persoas durante a represión, aínda que se teme que as cifras poidan ser moi superiores. Asimesmo golpearonse a monxes budistas e detivéronse a miles de manifestantes pacíficos. Estas novas violacións engádense á supresión dos dereitos humanos endémica no país.
Cómpre que condenemos enerxicamente as graves violacións que se están cometendo e que esixamos o cese inmediato da represión violenta das manifestacións pacíficas.
Actúa enchendo os teus datos personales na web de Amnistía Internacional para que mande unha mensaxe co teu nome ás autoridades da Unión de Myanmar!