Campaña do servizo de información dereitos sociais

Como xa sabedes o servizo de información de dereitos sociais leva funcionando dende comezos de setembro. Agora iniciamos unha campaña informativa para dar a coñecer este servizo a persoas e grupos da cidade.

O servizo ofrece información alternativa sobre prestacións sociais (tipos de axudas, contías, requisitos, documentación, onde dirixirse…) e acompañamento na denuncia da pobreza e da precariedade.

O fin é avanzar – ou non retrodecer – no recoñecemento dos dereitos sociais e facer visible a pobreza e a exclusión na que viven moitas persoas do noso arredor.

{mosimage} 

As administracións – Concello de Vigo e Xunta de Galicia – son as encargadas de xestionar os recursos necesarios para atender ás persoas que por calquera causa pódense atopar en situacións carenciais. O problema está en que tanto na parroquia como noutros grupos detéctamos que a administración lonxe de corrixir as desigualdades que xera o sistema neoliberal está aumentando a brecha.

Por isto abrimos un servizo ao marxe das administracións que proporcionase información aos potenciais solicitantes de prestacións sociais (natureza das axudas, contías, requisitos, documentación, onde dirixirse…) e que xuntara ademais a denuncia da pobreza e da precariedade no noso entorno.