O colectivo vigués Xogo descuberto organizou o pasado sábado a primeira reconquista de Toralla para reclamar o uso público da illa e para denunciar a especulación urbanística no noso litoral.
No ataque participaron unha ducia de embarcacións e piratas que levaron música e moita festa á illa. Chegamos á praia onde despois do baño leuse o manifesto.
Despois disto ao redor de 300 persoas entraron pacíficamente na illa ata que os antidisturbios a desaloxaron iso si de moi mal modo, chegando a agredir a un compañeiro (podes lelo na Voz de Galicia ).
Podedes ler máis información na Voz de Galicia e en Galiza Indymedia .
{mosimage}