Obxección Fiscal

Está a rematar a campaña da Declaración da Renda 2006 e moitos grupos propoñen que usemos esta para denunciar os inxentes gastos militares dos Estados. O modo que propoñen e facer a Obxección Fiscal aos gastos militares nas nosas declaracións é moi sinxelo e pretende fomentar un debate que poña en dúbida os conflitos armados.

{mosimage} 

A Obxección Fiscal (OF) é un acto de Desobediencia Civil que consiste en, á hora de facer a Declaración da Renda, non pagar ao Estado os cartos que este dedica á guerra e á súa preparación. A OF non supón evadir impostos, senón desviar cara proxectos sociais a cantidade que sería destinada a fins militares.

Aínda que non teñamos a obriga de pagar o IRPF, tod@s pagamos impostos cos que, queramos ou non, se financia o militarismo. Do mesmo modo, a OF podemos facela tod@s. E, se non queremos recorrer á OF, aínda podemos reclamar do goberno que o direito a non colaborar cos gastos militares sexa recoñecido e respeitado.

Consideramos que o mellor xeito de resolución dos conflitos entre os pobos é o diálogo, a cooperación e a solidariedade.Cremos que o principal camiño para conquerir un mundo en paz é favorecer a xustiza. E non estamos de acordo co destino militarista nen coa forma en que son utilizados os nosos impostos (directos e indirectos).

Máis información en: www.nonaogastomilitar.org

Un comentario

  1. I just couldn’t depart your website before suggesting that I actually enjoyed the standard information a person provide for your visitors? Is going to be back often to check up on new posts

Los comentarios están cerrados.