Marcha contra Celulosa

Sabado 5 de Maio ás 19 horas

Saída das alamedas de Marín e Pontevedra

MARCHA CONTRA CELULOSAS

Porque Pontevedra non pode hipotecar o seu futuro até o 2018…

Porque a mobilización segue a ser necesaria. 

Porque a recuperacion da ría, os postos de traballo e a saúde non poden agardar máis…

HOXE ELNOSA, MAÑÁN CELULOSAS! 

Sen dúbida atopámos nun dos mellores momentos da loita pola desaparición do complexo ENCE-ELNOSA da nosa

Ría; dunha banda, as administracións implicadas no tema semellan ter apostado nesta dirección, por máis que non sempre o fagan coa decisión que todas e todos nós quixeramos, e doutra, xa ninguén cuestiona a necesidade de eliminar o complexo para recuperar a Ría.  De feito, ningunha jforza política que queira ter representación no Consello de Pontevedra é quen de propor a permanencia de CELULOSA E ELNOSA na súa actual ubicación. E isto non é así por casualidade; neste medre da concienciación da cidadanía ten moito que ver a loita que ano tras ano vimos desencolvendo desde a APDR, unha mobilización que hoxe máis que nunca ten que se facer patente para impedir unha volta atrás que non é imposibel.

Hoxe a presenza de ELNOSA en Lourzán ten os días contados; non ten conseguido a preceptiva "Autorización Ambiental Integrada" e -coa lei na man- ten que pór fin á súa actividade industrial en outubro deste ano. E máis pronto que tarde, sairá CELULOSA; e unha e outra terán que deixar Lourizán como estaba cando fixeron ocupación deses terreos. De aí o noso lema para esta nova MARCHA CONTRA CELULOSAS.

PORQUE PONTEVEDRA NON PODE HIPOTECAR O SEU FUTURO ATÉ O 2018…

PORQUE A MOBILIZACIÓN SEGUE A SER NECESARIA.