20M – Mesa informativa: “Rematemos coa pobreza enerxética”

Tras o obradoiro impartido por María Campuzano da Alianza Contra a Pobreza Enerxética un grupo de persoas decidimos organizar unha mesa informativa baixo o lema: “Rematemos coa pobreza enerxética”. Será o martes 20 de marzo diante das oficinas de Gas Natural Fenosa en Vigo, situadas na rúa López Mora 80. De 10:30 a 12:30 estaremos denunciando os chanchullos das grandes empresas enerxéticas que controlan o acceso a subministracións básicas.

Adeamais de amosar na rúa os abusos destas empresas -FENOSA, ENDESA, IBERDROLA…- montaremos unha mesa informativa coa que pretendemos recoller datos, situacións e demandas das persoas que acoden até alí acotío na procura de garantir necesidades básicas.

Porque coas nosas necesidades non se especula! Luz e gas para todas!