Cabalgata Reis Magos 2018

Outro ano máis os reis magos veñen ao barrio. O venres 5 de xaneiro as súas maxestades: Melchor, Gaspar e Baltasar visitarán as crianzas e adultos para preguntarlle polos seus desexos e peticións.

Os reis magos estarán o día 5 de xaneiro na igrexa do “Cristo da Vitoria” (rúa Baiona 9, Coia) co seguinte programa:

17:00 – Acollida ás súas Maxestades na praza do pobo

17:30 – Chegada á Igrexa

18:00 – Entrega de doces ás crianzas e gran chocolatada na igrexa

O acto está organizado polo Movemento Cidadán “O noso barrio”, Asociación de Mulleres “Dorna” e o Centro Cultural “Rueiro”.

 

Comparte...Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedInEmail this to someone