Pura cumpre 106 anos

Onte 31 de maio, o grupo de pastoral da saúde visitou a Pura para felicitala por cumprir 106 anos. Pura naceu en Gresufe (Paderne, Ourense) , alí casou e formou unha familia e no ano 2000 trasladouse a Vigo para vivir cos seus fillos Carmen  e Xosé aquí en Coia. Pero non deixa de pasar durante o ano algúns días na aldea. Celebramos a Palabra de Deus dando grazas pola súa vida e compartimos o pan de Xesús para que lle siga dando esas ganas de vivir que ten.

PARABENS PURA!

Comparte...Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedInEmail this to someone