As alumnas de Educación de Adultos visitan o centro de visitantes do Parque Illas Atlánticas

O pasado mes de abril realizamos a saída correspondente ao segundo trimestre da materia de Historia do curso 2016-2017, dentro do programa de Educación Permanente de Adultos da parroquia. Nesta ocasión visitamos o centro de visitantes do Parque Illas Atlánticas, situado no Edificio Cambón no Casco Vello de Vigo.

Alí ensináronnos non só aspectos relacionados coa historia do parque e das illas, senón que tamén aprendemos da fauna, flora e ecosistema en xeral. Resultou especialmente interesante coñecer o abundantísimo patrimonio inmaterial (lendas, historia oral,…) que existe nas illas.

Á saída achegámonos ata a Colexiata para ver in situ a réplica do tímpano da vella igrexa gótica que precedeu ao actual templo. Como xa estudáramos na aula, o actual templo (de principios do XIX), ocupa o soar que antes ocupaba a igrexa gótica, que a súa vez substituíu a un vello templo románico.

Tivemos a sorte de gozar coa contemplación do seu fermoso interior, cos seus elementos (columnas, frisos, …) que tanto recordan á arquitectura clásica.
En definitiva, unha tarde moi agradable e interesante saíndo da rutina das aulas, na que tivemos ocasión de gozar co noso rico patrimonio cultural e natural.

Comparte...Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedInEmail this to someone