Asemblea de Crentes Galegos en Vilán

O vindeiro 20 de ABRIL imos celebar o Encontro-Asemblea da Coordinadora de Crentes. Como xa sabedes este ano ímonos xuntar en Vilán.

A charla da mañá leva por título: “Transformando o capitalismo: a renda básica das iguais” a cargo de Diego Lores.

Logo haberá xantar compartido e polo serán presentaremos o programa da IV Asemblea de Redes Crisitás que vai ter lugar a final de ano en Santiago.

O horario base do sábado será o seguinte:

11:00 – Acollida
11:30 – Presentación: “Transformano o capitalismo: a renda básica das iguais”. (Diego Lores)
12:30 – Café, debate e/ou traballo por grupos con posta en común.
14:00 – Xantar compartido
16:00 – Presentación da IV Asemblea de Redes Cristiás e programación.
18:00 – Oración e despedida.