Mesa de PARROTROCA na Festa de A Bouza 2011

Este sábado 18 de xuño celebramos a festa de A Bouza e nela imos poñer unha para trocar. Lembramos que é o Parrotroca para que vos animedes a trocar:

:: Que é?

Un espazo de intercambio/troco e cesión de bens e servizos entre as persoas que formamos parte da comunidade.

Porque cada vez que mercas… gastas os teus cartos, o teu traballo, os recursos do planeta.

Porque cada vez que mercas… consumes auga, enerxía, tempo, esforzo, materias primas.

Porque cada vez que mercas… decides se a empresa que explota a nenos da India vai medrar, se a petroleira responsable do último verquido vai seguir enriquecéndose.

Porque cremos noutro tipo de relacións comerciais e persoais, propoñemos…

− que as cousas que non necesitemos as cedamos

− que antes de mercar busquemos se alguén cho pode facilitar

− que se alguén precisa axuda nunha tarefa a solicite

− se sabemos facer algo nos ofrezamos

:: Como o faremos?

Con unha mesa onde poremos aquilo que precisemos, ou pensemos que outros pode facerlles uso.

:: Como teño que facer?

SE OFREZO ALGO…

Déixao na mesa para ver si algunha persoa está interesada. É moi importante que aquilo que ofrezas e ninguén o precise, o leves de volta.

SE PRECISO ALGO…

Colle o que penses que podes precisar e lévao, pero recorda que é para darlle uso…

SE PRECISO ALGO QUE ALGUÉN OFRECE…

Ponte en contacto coa persoa e chegade a un acordo.

SE PENSO QUE PODO COMPARTIR TRANSPORTE NAS RUTAS QUE FAGO CADA DÍA…

Pon a información a disposición dos demais por medio do email.

+info: preguntar a: Lucas  |  email: [email protected][email protected] | web: ww.comunidadebasecoia.org

3 comentarios

  1. Esperemos: Sentidiño para recolle-las nosas cousasa, que non teñá nelas interés a cidadanía.

Los comentarios están cerrados.