Comité Oscar Romero

O Comité Óscar Romero traballa nas seguintes liñas:

  • Sensibilizándonos a nós e á sociedade que nos arrodea para cambiar a realidade máis próxima.
  • Facilitando a comunicación entre as comunidades cristiás de cada pobo co fin de enriquecernos mutuamente.
  • Denunciando as violacións de Dereitos Humanos e respostando aos acontecementos salientables que xorden na realidade latinoamericana da maneira máis axeitada a cada momento.
  • Colaborando en pequenos proxectos que esperten a conciencia solidaria, que favorezan a organización popular e que contemplen mecanismos de autofinanciación.
  • En Vigo o Comité forma parte do Foro Social Galicia Sur, entidade de coordinación entre ONGs desta área.
  • En Galicia desenvolve tarefas de sensibilización e denuncia.
  • En Latinoamérica, leva adiante labores de apon á proxectos de formación do campesiñado, mulleres…traballando na capacitación de líderes populares.
  • En todo o mundo traballamos en coordinación co SICSAL (Servizo Internacional Cristiano de Solidariedade con América Latina).

Material de educación para o desenvolvemento

A Coordinadora Estatal dispón dunha web, na que hai información ao respecto ademais de elabora diversos materiais de formación e sensibilización. O Comité en Vigo edita unha folla mensual de carácter informativo, chamada “Cor”.

Voluntariado internacional

Entendemos a solidariedade como un proceso de ida e volta, unha relación entre irmáns, que nos fai cuestionar as nosas vidas, as nosas estruturas sociais inxustas, o noso ser e o noso estar na Igrexa e no mundo.

Os Coordinadora Estatal organiza equipos de voluntariado de actuación nos países latinoamericanos (Guatemala, El Salvador, Nicaragua). A estes programas sumáronse en diversas ocasión persoas do comité vigués.

Dende o Comité de Vigo ofertase toda a información necesaria ao respecto para as persoas interesadas en viaxar a Latinoamérica.

Podes saber máis de nós indo á web: www.comitesromero.org/vigo ou enviando un email:
vigo@comitesromero.org

Comparte...Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedInEmail this to someone

Dejar una contestacion